Wednesday 15 de May de 2024

A Brigada Municipal de obras mellora a accesibilidade na rúa das Laxes en Riveira


A Brigada Municipal de Obras efectuou no día de hoxe unha pequena actuación dirixida á mellorar a accesibilidade na rúa das Laxes: vía que conecta o paseo do Malecón á altura do emprazamento do novo mercado municipal coa rúa de Galicia.

O cabo da rúa que dá cara o Malecón presentaba problemas de accesibilidade para as persoas con diversidade funcional ao contar cun escalón. Así e logo, a brigada municipal procedeu a eliminar este obstáculo e construíu no seu lugar unha rampa de granito que propiciará o seu uso polas persoas con mobilidade reducida.